" />

Alumnos da Escola de Imaxe e Son participan con dez obras na Semana do Teatro da Fundación TIC

Os alumnos de Realización e Produción da Escola de Imaxe e Son, participan na séptima edición Semana do Teatro da Fundación TIC que comezou onte e remata hoxe.  O plató do Centro de Produción de Programas da TIC é o lugar onde se representan as obras elixidas para o encontro.

A través desta actividade únense tres módulos de estudio para representar, dirixir, producir e realizar obras de teatro. Os alumnos dos módulos de Planificación da Rexedoría e de Xestión de Espectáculos e Eventos, poñen en escena as obras escritas e dirixidas por eles mesmos, mentres que os de Procesos de Realización de Televisión se encargan da gravación, facendo así unha práctica de realización.

As representacións son moi variadas: teatro de sombras, comedia, espectáculos con proxeccións, musical, recitado ou baile.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo