" />

Animalistas piden explicación pola non atención a un animal silvestre no Rof Codina

A noticia sobre a falta de atención profesional a un corzo ferido durante máis de 48 horas no Hospital Veterinario Rof Codina, que sería trasladado por axentes ambientais ao centro, indignou aos colectivos animalistas, que critican a “escala de prioridades” da xerencia.
A escusa que transcendeu aos medios de comunicación é a coincidencia de entrada do animal atropelado coa presenza dos expertos que avalían a renovación das certificacións de calidade ás que se someten as instalacións e o seu labor de forma regular, sen que poida entenderse de ningún xeito. A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber, que lembraron que o xerente do hospital cobra máis que os rexedores da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol, avanzaron unha solicitude de información para coñecer por que motivo profesional negouse a atención a un animal en grave risco.
Os animalistas sinalan que a participación pública na xestión económica, con axudas desde administracións como o Concello de Lugo, a Deputación Provincial ou a Xunta de Galicia a través de varias consellerías, debería supoñer unha atención prioritaria para aqueles seres vivos que se trasladen desde o corpo de axentes ambientais, forzas de seguridade ou entidades protectoras.
Precisamente a Valedora do Pobo, por mor da polémica sobre o custo de servizos durante finais de 2017, emitiu unha recomendación na que se expón o establecemento dun “protocolo de resposta para todas as solicitudes dirixidas por cidadáns e cidadás” e “promocionar a publicidade activa para todos aqueles documentos e contidos que sexa posible”. A Alta Comisionada completa a súa petición coa posibilidade de abordar a posta a disposición pública de documentos como os estatutos ou as actas do Padroado, realizando unha mellora no apartado de Transparencia da propia web do Hospital Veterinario, onde só se mostran as contas do centro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo