Antonio Ameijide ocupará o lugar de Jaime Castiñeira como voceiro dos populares no Concello de Lugo

Antonio Ameijide ocupará o lugar de Jaime Castiñeira como voceiro dos populares no Concello de Lugo. Así o anunciou o Partido Popular, con Ramón Carballo como presidente da Xunta Directiva Local do partido, na tarde de onte tras a reunión do Comité Executivo do partido.

Como vicevoceiros do PP no Concello irán os populares Ana López Pombo e Enrique Rozas. Carballo subliñou que a formación sigue dando pasos hacia a configuración dun proxecto gañador, basaedo no traballo en equipo e nunha estrutura forte de cara ás municipais.

Deste xeito, tal e como indica o dirixente popular, este proceso “forma parte da normalidade, e que tiñamos que dar unha vez que o ex voceiro, Jaime Castiñeira, anunciou o seu desexo de renunciar tamén á súa acta como edil”. A este respecto, Carballo destaca a decisión do seu predecesor no cargo, “a cal me merece o máis absoluto respecto”, pois, “ademais, foi, engade, un colaborador moi importante no Congreso, no que os afiliados amosaron un interese pola vida do Partido. Por iso, creo que este agradecemento ten que ser visible”; agradecemento, remarca, “que tamén quero facer estensivo ao seu traballo durante tanto tempo á fronte do grupo”.

Ademais de cara á configuración do novo equipo, adianta que haberá tres dedicacións exclusivas que recaerán en Antonio Ameijide, Enrique Rozas e Manuel López. Asemade, proximamente, o máximo dirixente da organización local dará a coñecer como queda tamén o reparto das áreas de xestión.

Será, por tanto, indica, “un equipo, no que como xa dixen varias veces, todos sumaremos para que o PP medre nesta cidade e neste concello”. Deste xeito, e dentro desta “colaboración constante”, subliña que “todas as decisións que adoptamos son froito do consenso coas directivas provincial e rexional, pois así o entendo”. “Todos camiñamos da mesma man”, conclúe.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com