Arde o salón dunha casa na rúa Cruzamento

Ao fío das 00:00 horas desta noite, unha muller alertaba ao 112 dun incendio na súa vivenda, na Rúa do Cruzamento, na cidade de Lugo. Indicaba que facía unha hora que se producira o incendio no salón da súa casa e que fora apagado polos veciños con extintores pero o lume  reproducirase. Aseguraba que estaba sola na vivenda e que se atopaba ben.

Ata o lugar, acudiron os bombeiros da cidade e a Policía Local que nada mais chegar, os axentes, solicitaron asistencia sanitaria para a muller debido á inhalación do fume provocado polo lume.

Tras apagar o lume, os Bombeiros indicaron que arderon mobles no salón da casa e que, a dona da vivenda, finalmente,  non precisou ser trasladada, iso si, foi atendida no punto polo persoal sanitario.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com