Arde un alpendre en Lugo

O lume calcinou unha especie de bodega na que se almacenaban apeiros, roupa e varias latas de gasolina que o seu dono utilizaba para un xerador. Ardeu o alpendre por completo e, ademais, o teito colapsou. Pasados uns minutos das 21:00 horas de onte, un particular alertaba ao 112 Galicia dun incendio nun caseto con varias bombonas e un xerador que funciona con gasolina, na Rúa Couselo. Indicaba que estaba ao carón dunha casa e que había un home no seu interior pero que xa o sacaran.

Decontado, pasouse aviso aos Bombeiros de Lugo e tamén se informou á Policía Local e a Protección Civil. Dende o 112 Galicia tamén se informou da situación ao persoal da empresa subministradora do gas, aínda que os bombeiros descartaron a existencia das bombonas. Unicamente atoparon latas de gasolina para o funcionamento do xerador.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo