Arrancan mañá as actividades gratuítas da Deputación nos Ancares

A Escola de Barcia, no Concello de Navia de Suarna, acollerá este mércores o primeiro obradoiro gratuíto do Goberno da Deputación na Reserva da Biosfera dos Ancares. Esta actividade, que conta xa con 17 participantes, consistirá na elaboración de ungüentos con herbas máxicas. Trátase da primeira das 6 actividades que organiza o Goberno da Deputación no primeiro trimestre do 2018, totalmente de balde, nos Concellos de Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna e nas que poderán participar ata 115 persoas.

O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, destacou a “positiva acollida coa que contan as actividades na Reserva da Biosfera dos Ancares”. Neste senso Queipo apuntou que “para a primeira actividade, que terá lugar mañá na Escola de Barcia, en Navia, practicamente se completou o aforo; mentres que o obradoiro de conservas e o de licores artesanais do Concello de Becerreá xa completaron as prazas ofertadas. En Cervantes, quedan 20 prazas para as actividades de elaboración de queixos frescos e deshidratación de froitas e hortalizas, e tamén en Navia, 13 para o obradoiro infantil de arxila”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com