As mulleres que exercen a prostitución na Tinería denuncian acoso dos empresarios do barrio

Dende a Plataforma de Lugo Sen  Mordazas, composta por máis de 30 colectivos sociais, políticos, culturais e sindicais da cidade de Lugo e, posicionada en contra da Ordenanza Cívica que quere “impoñer” o goberno local, están a realizar un traballo de investigación, no que inclúen entrevistas ás protagonistas, co que pretenden denunciar a presión, coaccións e ameazas que están a sufrif as mulleres que desde hai décadas ofrecen servizos sexuais no barrio da Tinería.

A plataforma  denuncia que o Concello “non só non as protexe senón que pretende multalas con ata 3.000 euros de sancionalas e mesmo entrar a policía nestes pisos de maneira totalmente ilegal, o que supón un atropelo en toda regra aos dereitos humanos”, o traballo que está facendo a plataforma pódese ver en diferentes vídeos na plataforma dixital Youtube, nos que len un manifesto e fan entrevistas ás mulleres que exercen a prostitución.

Neste segundo vídeo, pódese ver como as traballadoras sexuais denuncian o acoso sufrido por parte dos empresarios do barrio que pretenden botalas de aí. “Hai persoas que nos queren quitar da rúa. Levamos toda a vida aquí na rúa e agora veñen a vivir aquí e cando viñeron para aquí xa sabían o que había e agora quérennos quitar da rúa. Temos familias, temos fillos, temos que mantelos, ¿que vai pasar con nós? Agora queren multarnos. ¿Qué vai ser de nós? Hai persoas que traballan na rúa e nin para un bocadillo teñen. Hai quen nos vén pedir prestados cinco euros para comer, non teñen para alimentar aos seus fillos”, denuncia no vídeo unha das mulleres da Tinería.

Con voces nerviosas e de espaldas á cámara, estas traballadoras sexuais queixanse de que os hostaleiros da contorna non queren que estas mulleres pasen por alí. “Os donos das cafeterías teñen que entender que hai que respectar ás chicas tamén, porque se imos tomar un café, imos pagar; non imos para ligar cos clientes. É para chamar á policía pero a policía tampouco nos fai caso ningún”, relatan as mulleres.

A Plataforma Lugo Sen Mordaza explicou mediante un manifesto a súa postura en apoio a estas mulleres. A Plataforma pide, entre outras cousas, que os propietarios dos negocios da zona, “deixen tranquilas” a estas traballadoras que exercen a prostitución.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com