" />

A asamblea de Lugonovo ratifica a Cristina Pérez como a súa voceira

A asamblea de Lugonovo celebrou onte unha reunión na que, como conclusión, saíu ratificada por unanimidade Cristina Pérez Herráiz como voceira do Grupo Municipal. Por outra banda, tamén foi presentada Victoria Esteban Riesco como a nova edil que integrará a formación no Concello e que tomará posesión a próxima semana no
transcurso do pleno do día 28 de setembro.

Na xuntanza quedou, asemade, informado o reparto de áreas nas que terán competencia cada un dos concelleiros e, tralo seu debate, aprobáronse os termos que recollerá a Carta Financieira da organización. Tamén dunha forma consensuada, a Asamblea coincidiu coas valoracións xa realizadas pola portavoz de Lugonovo, ao respecto de que é preciso aclarar os termos nos que se produxo a investigación, revelada estes días, sobre a actividade desenvolvida polos grupos municipais. Unha situación da que, os seus integrantes, responsabilizan políticamente ao equipo de goberno coa Alcaldesa como máximo expoñente.

Noutra orde, Lugonovo insta ao Goberno local a retirar con dilixencia a base de formigón dunha grúa que atasca o inicio da rúa Monforte. A agrupación dirixida por Cristina Pérez, denuncia que hai mes e medio que esa base leva “apalancada, sen cometido ningún”. Esta estrutura, que aínda invade parte da calzada e da beirarrúa, segue alí tras 40 días desde que retiraron o guindastre.

 

“Se non se lle vai dar ningún tipo de uso, xa vai sendo hora de que este soporte, e os valos que o rodean, se eliminen para recuperar a normalidade da circulación na zona. Estamos a falar dunha vía que comunica coa Ronda da Muralla, da que recolle e á que deriva moito tráfico e na que, precisamente, este armazón o interrompe no punto de conexión principal polo que cruzan tanto os coches como os viandantes”, subliña a portavoz da formación. Cristina Pérez Herráiz anuncia que a agrupación municipal interpelará ao executivo por esta cuestión.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo