Ateneo Galeguista e Edicións Morgante presentan ‘Pasou o que pasou’, de Lito García Lago

O xoves 20 de Maio ás 19:00 horas no patio do Vello Cárcere de Lugo, Ateneo Galeguista de Lugo e Edicións Morgantes presentan o libro de Lito García Lago Pasou o que pasou (doce estampas dos oitenta), con prólogo de Suso de Toro.

No acto intervirán o mantedor do acto Don Cándido Sánchez Castiñeiras, ex-delegado provincial de Sanidade de Lugo e o Don Lito García Lago, autor.

“Estas estampas que tes na man, amable lector, son regatos dun río moito máis caudaloso. Un traballo moi extenso –de divulgación máis que un ensaio puro e duro–, unha crónica política arredor dos anos oitenta. Unha década intensa –quizais todas as son– mais aquela que se inaugurou coa autonomía política e se pechou coa vitoria –na foto finish– de Manuel Fraga, foi especialmente axitada. Houbo de todo: cambiou o curso do Amazonas, prendeu a mecha da rivalidade capitalina, un Borbón tivo que recuar… Por haber, ata houbo unha revolta duns conselleiros contra aquel que os nomeou. E tamén unha experiencia tripartita que acabou como acabou. Todo isto é o que se conta nestas páxinas. Sen maiores pretensións. ‘Sine ira et studio’, como dixo o clásico”.

Temos que lembrar que o aforo por mor dos protocolos sanitarios é de 26 persoas. Poden inscribirse no correo rgngon@gmail.com ou ben por privado no facebook. Na presentación poderán vostedes mercar o libro nunha mesa colocada pola Libraría Trama.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com