" />

Baixan en 21 os casos activos de Covid-19 na Mariña respecto ao día de onte

Esta maña informábamos de que o número de casos activos por Covid-19 na área sanitaria de Lugo era de 183, un menos que onte, tal e como informaba a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. Esta tarde e logo da súa última actualización informou que nas últimas horas reduciuse en 21 o número de casos activos relacionados co brote que afecta ao distrito sanitario da Mariña. Todas as probas realizadas ata esta mañá resultaron negativas, o que implica que o brote non sumou ningún caso positivo nesta última xornada. A maiores, nas últimas horas, un total de 21 persoas positivas en covid-19 foron dadas de alta tras curarse e superar a enfermidade, o que deixa o número de casos activos en 163, 21 menos ca onte. Dende o inicio do brote e ata o día de hoxe son máis de cincuenta as persoas afectadas por covid-19 e vencelladas ao brote que xa están curadas e foron dadas de alta.

De todas as PCR realizadas onte a persoas relacionadas con este brote, ningunha arroxou resultado positivo. Todas foron negativas. Neste momento a porcentaxe de PCR positivas é moi baixa respecto ao momento no que se adoptaron as medidas especiais para conter o brote no distrito da Mariña, cando aproximadamente o 20% das PCR realizadas eran positivas.

Así mesmo, destacar que todos os novos positivos que se foron detectando nesta área estaban relacionados co brote, o que permitiu seguir a trazabilidade dos casos e continuar na estratexia de busca activa de contactos e realización de todas as probas necesarias de forma precoz para cortar canto antes a transmisión e conter o brote.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo