Beneficiarios do Ben Empregado reciben formación na Deputación antes de incorporarse ao mercado laboral

Outros 86 beneficiarios do Ben Empregado!, xunto cos representantes de empresas e entidades nas que traballarán, tomaron parte nunha nova xuntanza informativa que tivo lugar hoxe no Salón de Actos do Pazo de San Marcos e na que os técnicos provinciais lles detallaron cales son os seguintes pasos no desenvolvemento deste plan de emprego.

Con estes xa son 156 os desempregados lucenses que se teñen beneficiado do 4º proxecto de fomento do emprego que a Deputación puxo en marcha nos últimos catro anos. A proposta de selección dos preto de 100 restantes aprobarase, previsiblemente, na vindeira Xunta de Goberno, de xeito que antes de finais de mes case 300 lucenses estarán incorporados ao mercado de traballo co Ben Empregado!.

Estes asinarán nos vindeiros días os contratos cos que comezarán a traballar por período dun ano con contratos de calidade, posto que as entidades da provincia seleccionadas teñen a obriga de incluír neles cláusulas sociais; estables e con vocación de continuidade, xa que para a selección final outorgouse máis puntuación canto maior era o compromiso de ditas empresas e colectivos para prolongar os contratos.

En canto ás 86 empresas e entidades que contarán nos próximos días con estes novos traballadores, que se axustan ás súas necesidades reais, atópanse explotacións agrogandeiras; estudos de enxeñería; inmobiliarias; asesoramento legal; axencias de viaxes e empresas adicadas ao turismo; conserveiras; empresas do sector metalúrxico; negocios de venda de materiais de construción, etc.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo