Campos pide a Balseiro que defenda diante da Xunta os intereses dos lucenses sobre as residencias e os bombeiros

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Delegado Territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantiveron este venres un encontro no Pazo de San Marcos, no que abordaron os seguintes asuntos: a promoción turística da provincia de Lugo, a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade, os salarios dos bombeiros e as residencias e centros de día públicos da Deputación nos Concellos.

Campos pediu a Balseiro que defenda ante a Xunta os intereses dos lucenses sobre os centros de maiores, pois demandan prazas accesibles e para os veciños da provincia. Para que isto sexa posible, son necesarios convenios de colaboración entre administracións públicas cos que garantir: prezos vantaxosos (o convenio de colaboración é o único xeito de que os maiores lucenses, coas pensións más baixas do Estado, poidan acceder ás prazas, que estarían financiadas con fondos públicos para que o custo ao usuario sería máis económico) e que as prazas sexan para os lucenses (o convenio de colaboración é a única maneira de garantir que as prazas sexan para veciños da provincia, pois a concertación das mesmas que propón Xunta supón que estas estean a disposición de todos os galegos que xa enchen a bolsa autonómica).

Goberno Provincial e Concellos traballan sen contar co apoio da Xunta

Feijóo rexeitou convenios de colaboración coa Deputación para financiar ao 50% as prazas e acadar prezos entre 500/300 euros. Por este motivo, o Goberno traballa cos Concellos para que isto sexa posible sen a colaboración da Xunta de Galicia.

Hoxe o Presidente da Deputación pediu ao Delegado da Xunta en Lugo que “defenda os intereses dos lucense neste eido”, pois destacou que “non é só o Goberno da Deputación o que aposta por prazas accesible para os lucenses, senón que tamén o fan os Alcaldes con centros de maiores do organismo provincial no seu Concello. Así o defendeu, publicamente, nos recentes días, o Rexedor de Portomarín”.

En declaracións aos medios de comunicación, Campos destacou “creo que non hai un prezo máis barato para as residencias que o estamos poñendo enriba da mesa. Considero que debemos seguir traballando nesa dirección. É fundamental que as prazas das residencias sexan para os lucenses, pois foron construídas por e para eles, con fondos públicos da Deputación e dos Concellos, con cartos dos veciños da nosa provincia”.

Bombeiros

O Presidente lembrou que a o Goberno da Deputación incrementou en 330.000 euros a partida do Orzamento de 2017 destinada ao Consorcio Provincial de Bombeiros para equiparar o salarios destes profesionais aos de Ourense. Lembrou que Feijóo non se comprometeu a facelo polo que tamén neste eido pediu a Balseiro que defenda os intereses dos intereses dos lucenses ante a Xunta. É imprescindible que a Goberno galego, como responsable legal do 50% do Consorcio de Bombeiros, aporte outros 330.000 euros, que na actualidade non ten comprometidos nin presupostados.

Turismo e Ribeira Sacra

No que se refire ao turismo, Campos e Balseiro falaron sobre os xeodestinos, que definiu a Xunta de Galicia hai anos, pero que só ten constituído o da Ribeira Sacra, pois na Mariña funciona unha Mancomunidade. O Presidente remarcou que Deputación e Xunta deben traballar da man, tal e como xa lle pediu a Feijóo e este se comprometeu a facer. “Na Deputación estamos colaborando cos xeodestinos, pois o noso Plan Integral tivo en conta, dende o primeiro momento, a definición dos mesmos por parte da Xunta, baseando o noso traballo nos mesmos. Eu son máis partidario de apostar por un Plan Integral para a toda a provincia, sen división, polo que propoño estudar a posibilidade de englobar os 4 xeodestinos nun só: a provincia de Lugo”. Neste senso, Campos e Balseiro acordaron reunirse cos Alcaldes para abordar este asunto.

Sobre a Ribeira Sacra, Campos Conde agradeceu que o Delegado recoñeza esta tema como prioritario, e lembrou que, por segunda vez, ten convocada unha reunión de traballo para que as administracións implicadas (Deputacións de Lugo e Ourense, Valedor do Pobo e Consellería de Cultura) avancen na candidatura, que dende hai dous anos mantén paralizada a Xunta. Actualmente, o organismo provincial está en comunicación con ditas administracións para pechar esta reunión tras a Semana Santa.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo