Castiñeira avisa a Tomé: “No PP non imos parar ata ver un plan de estradas da Deputación enriba da mesa”

O grupo provincial do PP quere deixar claro ao goberno provincial que non pensa parar ata conseguir que haxa un plan de estradas provinciais enriba da mesa na Deputación e ata que os alcaldes populares sexan recibidos polo presidente igual que os outros rexedores e que reciban un trato igualitario. Os populares, á vista das declaracións efectuadas polo presidente José Tomé, en relación co acto celebrado en San Marcos o xoves, consideran que “Tomé está sendo o peor presidente da Deputación con moita diferencia” e censuran “a linguaxe chabacana e machista coa que se refire aos seus rivais políticos”.

O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinalou: “Como todo o mundo sabe, nestes últimos días as queixas do PP ían directamente ao delegado de Vías e Obras, o señor Tomé, e pedimos a súa renuncia. Onte escondeuse detrás da delegada de Turismo que ten bastante con atender a esta área, porque ten moitas carencias na súa xestión; hoxe, á vista das declaracións do presidente, entendemos porque non saía. Parece que os seus asesores entendían que non debía saír porque cada vez que fala sube o pan. Tomé tenos acostumados no pleno as súas tometinas, saídas de ton que a veces fan gracia e outras non tanta. Desgústanos ver ao presidente da Deputación usar unha linguaxe chabacana e machista, indo na crítica ao persoal, tanto no que se refire a ex presidenta Elena Candia como aos outros rivais políticos. Non asume responsabilidades, non quere facer autocrítica, saber que hai fallos, que hai fochancas na rede viaria, que se producen inxustizas no reparto dos recursos e o único que quere Tomé e xustificarse á súa maneira e no seu estilo”.

Os populares recomendan a Tomé que busque entre os deputados socialistas e nacionalistas ao que o substitúa en Vías e Obras.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com