Cidadáns leva ao pleno a peonalización completa do casco histórico

O grupo municipal de Cidadáns defenderá mañá no Pleno un novo modelo de mobilidade urbana para o centro da cidade e a Rolda da Muralla, na que propón, entre outras medidas, a peonalización completa do casco histórico, onde só poderían entrar os residentes, os vehículos de carga e descarga a horas moi determinadas, o servizo de taxis e os condutores que se dirixan a algún dos dous aparcadoiros públicos que hai dentro do recinto amurallado, o de Santo Domingo e o da Praza do Ferrol.

No caso da Rolda da Muralla, Cidadáns propón deseñar un plan de tráfico que dea alternativas aos condutores para que poidan evitar a Rolda e así poder reducir a un só carril de circulación, gañando espazo para ampliar as beirarrúas e crear un carril bici, e poñendo en marcha un microbús eléctrico como intercambiador para as liñas de transporte público.

O concelleiro de Cidadáns, Jesús Expósito, considera sen embargo que “este tipo de medidas non se poden tomar de maneira improvisada, tal como se fixo coa redución a 30 km/h da velocidade permitida na Ronda da Muralla”, polo que demanda que se realicen os estudos técnicos e de viabilidade necesarios para poñer en marcha esta proposta.

Expósito asegura que “se de verdade se quere acabar peonalizando a Rolda da Muralla cambiar os sinais non chega”. E afirma que hai que tomar outras medidas como deseñar un plan de tráfico que ofreza alternativas aos condutores para que non teñan que pasar obrigatoriamente pola Rolda ou reducir a un só carril de circulación o tráfico, para poder gañar espazo efectivo para os peóns ancheando as beirarrúas, e poder crear un “verdadeiro” carril bici para os ciclistas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com