" />

Cidadáns pide que se modifique o imposto de plusvalías

A voceira do grupo municipal de Cidadáns, Olga Louzao, quere que o Concello de Lugo modifique o actual imposto de plusvalías municipal por resultar “inxusto en moitos casos ao non ter en conta a situación real no caso de venda de inmobles e cobrar unicamente en función dunha estimación en función do valor catastral e do número de anos transcorridos desde a adquisición”.

Olga Louzao explica que paga o mesmo unha persoa que fixo un negocio lucrativo coa venda dunha parcela ou un inmoble que aquela que lle perdeu cartos como consecuencia da crise económica ou doutros factores. A actual situación chega a ser tan inxusta que mesmo obriga a tributar a aquelas persoas que foron desafiuzadas.

“Faise necesario por tanto que o Pleno do Concello de Lugo arbitre con carácter urxente medidas que, dentro das competencias das administracións locais, logren que se esixa o tributo con arranxo á capacidade económica real do contribuínte, así como reparar a aqueles que fixeran fronte ao gravame, cando non tiñan obrigación”, argumenta Olga Louzao.

Equiparar a Plusvalía municipal ao Imposto de Sucesións da Xunta

Ao mesmo tempo, Olga Louzao propón que a Ordenanza Municipal que regula as plusvalías municipais se equipare a outros tributos como é o imposto da Renda estatal ou o imposto de sucesións autonómico, “de maneira que non se produzan as disfuncións que se dan hoxe en día, cando unha mesma persoa e polo mesma situación está exenta de pagar o imposto de Sucesións pero ten que pagar a plusvalía ao Concello”.

Para iso, Cidadáns pide modificar o artigo 15 da ordenanza municipal para equiparar os supostos bonificables aos recollidos na normativa que regula o imposto de sucesións no caso de morte ou por pactos sucesorios.

Transmisión de negocios a descendentes

Do mesmo xeito, Cidadáns tamén propón medidas para fomentar a actividade comercial destinadas aos pequenos negocios, como bonificacións no pago de plusvalías no caso de transmisión de negocios familiares cando o sucesor sexa un familiar directo, por medio de establecer unha bonificación na transmisión de locais afectos a actividade económica exercida polo causante, tanto no caso de falecemento coma no caso de transmisións de negocios inter vivos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo