" />

Cinco meses con 17 propostas de artes escénicas no Auditorio Municipal

O Goberno de Lugo programa para o Auditorio Municipal Gustavo Freire espetáculos para adultos e para familias, así como teatro clásico, danza e música ata o mes de xuño. A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou hoxe a programación cultural, coa que se busca ofrecer a todos os públicos diversas propostas relevantes de arte na cidade.

A axenda contempla o inicio o 2 de febreiro, coa obra Eroski Paraíso, a primeira produción de Chévere despois de recibir o Premio Nacional de Teatro. Trátase dun proxecto escénico construído sobre a promesa dun paraíso social feita por un Estado de Benestar que agora se desmorona. O paraíso prometido era en realidade un gran hipermercado. Este é o retrato dunha xeración que tivo todo ao alcance da man e andou pola vida como se andase polo corredor dun supermercado, sometida ás mesmas técnicas de márketing que se usan para influír nas decisións de compra das persoas consumidoras.

Asemade, os días 9 e 10 de febreiro tamén haberá obras no Auditorio. O día 9 será o momento de Fedra, a raíña da Illa do Volcán, que está enferma. Os médicos son incapaces de averiguar a orixe do seu padecemento e o país enteiro anda preocupado polo seu estado de saúde. E o día 10, o público poderá gozar dun espectáculo de títeres, da man de Larraitz Urruzola. A viaxe de Rosalía, obra que segue a viaxe de Rosalía de Castro, que vén coa súa madriña Francisca e, xuntas, contarán pasaxes da vida da artista e algúns dos seus poemas.

O horario para os espectáculos familiares é ás 18:30 horas, e para adultos, ás 20:30 horas. Estas actividades están organizadas polo Concello en convenio coa AGADIC. Teatro, danza e música tamén serán ás 20:30 horas, salvo o día 16 de marzo, no que Gustavo Almeida presentará o seu cuarto disco, que será ás 20:00 horas.

O importe das entradas, para obras e concertos para público adulto é de 10 euros en zona A e 8 euros en zona B. Existe desconto do 20% para persoas en paro, menores de 30 anos, pensionistas e actores e actrices asociados á Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). O bono para catro funcións do Teatro Clásico é de 25 euros. As entradas para o concerto de Víctor Manuel (22 marzo)  é de 20 euros, con desconto do 10% para persoas desempregadas, menores de 30 anos, pensionistas e actores e actrices asociados á AAAG. Para espectáculos para público familiar a entrada é de 4 euros para os adultos e nenas e nenos, dous euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo