Ciudadanos propón dedicar unha rúa a Conchita Teijeiro, presidenta de Aspnais

Ciudadanos proporá este luns na Xunta de Voceiros ao resto de grupos municipais da Corporación iniciar os trámites necesarios para dedicar unha rúa da cidade a Conchita Teijeiro, presidenta de Aspnais, pola súa labor social de máis de 50 anos na cidade de Lugo.

A voceira de Ciudadanos no Concello, Olga Louzao, presentará esta iniciativa “que é de xustiza”, afirma, facéndose eco “dunha demanda social unánime na cidade explicitada no acto de homenaxe celebrado no día de onte”. Por iso, Olga Louzao agarda que a proposta sexa apoiada por todos os grupos municipais e que o acto de adicarlle unha rúa “suscite tanta unanimidade e recoñecemento como o seu traballo desinteresado a prol dos máis desfavorecidos durante toda unha vida”.

Así pois, Ciudadanos proporá que a Xunta de Voceiros que se vai celebrar o vindeiro luns ás 9:00 da mañá acorde convocar a Comisión do Rueiro e iniciar deste xeito o procedemento para que a designación dunha rúa co nome de Conchita Teijeiro “sexa unha realidade canto antes”. “Pensamos que un bo recoñecemento ao seu traballo social na cidade por parte do Concello, e polo tanto, de todo o pobo de Lugo, sería vela a ela mesma inaugurar unha rúa co seu nome”, afirma Olga Louzao.

A voceira de Ciudadanos destacou que Conchita Teijeiro “foi unha pioneira no asociacionismo de carácter social en Lugo á fronte da Aspnais, que cumpre medio século de vida, e representa ademais a un terceiro sector que suple as eivas das administracións públicas na atención ás persoas con necesidades diversas e tamén a todas as mulleres que loitan a diario para sacar adiante aos seus fillos e fillas pese ás dificultades e os problemas cos que se poidan atopar”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com