Club Deportivo Lugo encaixa catro goles do Osasuna

O encontro en Pamplona non deu opción ao CD Lugo. Derrota por catro goles a cero fronte a un CA Osasuna que demostrou a súa eficacia e momento de forma, nun partido no que os penaltis en contra dos lucenses erixíronse en protagonistas inesperados.

Luis Milla comparecía ante os medios de prensa coa certeza dunha necesaria mellora que, a recado, o seu equipo experimentará no próximo compromiso con respecto ao choque disputado en Pamplona. Logo da derrota, o técnico turolense facía un claro exercicio de autocrítica, sinalando a necesidade de fortalecer as posicións en momentos complicados do xogo, nos que por resultado ou dinámica, a situación non é a óptima para os intereses do seu equipo:

“Medímonos a un bo equipo, sabiamos da dificultade dun partido no que había que facer as cousas moi ben para sacar algo positivo. Quizá nós, a partir do primeiro gol non estivemos ben, non defendemos xuntos como debemos facelo. Ese foi un punto importante. Co segundo e o terceiro, que viñeron moi seguidos, o equipo deuse conta de que o partido se poñía moi complicado. Xogamos cun líder que está a facer as cousas moi ben. Sabiamos o tipo de partido que tocaba. Só cabe felicitar ao CA Osasuna”.

“Nós non estivemos ben, hai que pasar páxina canto antes e centrarse no próximo compromiso. Seguimos sendo o mesmo equipo que viña sacando bos números ata agora. Tivemos xogadas dubidosas. Ás veces danchas a ti, outras veces ao rival, pero polo que me din, hai moitas dúbidas en ambas”

“Neste caso, caeron ao lado do Osasuna. A partir do primeiro tanto, o meu equipo baixou un pouco o nivel, sabiamos que cos tantos encaixados, eles ían apertar coa mesma intensidade, mesmo acerto. Non quero entrar nas decisións arbitrais. Sabiamos que ía empezar moi forte. Poida que aínda teñamos pendente esa materia de controlar os inicios do rival. Temos que contemporizar máis, non meternos tan atrás. Mesmo cun rival tan intenso como este”, concluíu Milla.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com