COGAMI amosa, xunto a Deputación e ao CB Breogán, as grandes capacidades dos seus usuarios

O Vicepresidente da Deputación, acompañado polo Presidente e xogadores do club celeste, mantivo un encontro cun grupo de usuarios e persoal da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade. Este encontro enmarcadas no contrato que o CB Breogán e o organismo provincial asinaron para a promoción da provincia e o impulso da integración social, igualdade, solidariedade, compañeirismo ou superación a través do baloncesto.

A visita encadrase dentro  das actividades que mañá terán continuidade no encontro do Breogán co Lleida que sumará, ademais do compoñente estritamente competitivo, outro social que vai moito máis aló do meramente deportivo. Antes de que comece o partido, e coincidindo a celebración deste coa conmemoración do Día Mundial Contra o Cancro, haberá voluntarios nas portas do Pazo dos Deportes repartindo entre todos os asistentes un pack composto por unha mazá en unha bolsa colectora con información relativa á prevención e hábitos de vida saudables e aos programas e servizos gratuítos que a AECC realiza na provincia de Lugo.

Santos Ramos subliñou que “este tipo de iniciativas permítennos visibilizar e dar a coñecer, a través dun club cunha masa social tan grande como é o Breogán, a importante labor de diferentes colectivos da provincia. Nesta ocasión, os integrantes do club celeste quixeron devolver a visita que os membros de COGAMI lles fixeron fai unha semana no Pazo dos Deportes”.

Pola súa parte, Jesús Lázare, presidente do Breogán, explicou que “estamos encantados de achegar o Breogán a todos os lucenses e potenciar, a través do baloncesto, a integración para unha sociedade máis xusta. Aproveitamos esta visita para convidar a todos os usuarios de COGAMI a presenciar os próximos partidos no Pazo, agardando que formen parte da Marea Celeste”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com