Cogami inaugura en Lugo as instalacións de atención a discapacitados

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) inaugurou as instalacións que ten en Lugo, no número 4 da rúa da Luz, no polígono de Fingoi, un espazo de 1.525 metros cadrados construídos que acolle servizos de información, formación, asesoramento, orientación, centro de día e un obradoiro prelaboral, dirixidos tanto a persoas con discapacidade como ás súas familias.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; xunto co Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey e outras autoridades acompañaron aos presidentes de COGAMI, Anxo Queiruga, e de COGAMI Lugo, José Luis Lolo, durante a visita polas novas instalacións que inaugurou hoxe a Confederación.

Un centro que en palabras de Anxo Queiruga “é un exemplo de Centro de Recursos, que dispón de centro de día, aulas de formación, un equipo de Intermedición Laboral, un equipo de traballo social, e un longo etcétera de apoios para que as persoas con discapacidade de Lugo acaden a maior independencia posible”.

Durante o acto de inauguración, a alcaldesa lembrou os máis de 25 anos de traxectoria de COGAMI. “Aínda queda moito por realizar, pero a apertura deste centro de día é un paso máis para dar novas oportunidades e para buscar a inclusión social e a inserción en todos os eidos, incluída a laboral”, subliñou Méndez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com