Coloquios, documentais e rutas para celebrar o Día do Medio Ambiente dende a Deputación

O Goberno da Deputación súmase ao Día Internacional do Medio Ambiente ofrecendo unha programación de actividades medioambientais, completamente gratuítas e para toda as idades, que terán lugar os días 3 e 4 de xuño no Centro de Interpretación Terras do Miño e no Salón de Actos do Pazo de San Marcos.

Trátanse dun total de 10 actividades nas que poderán participar máis de 300 persoas, entre as que se atopan coloquios, documentais, contacontos e rutas polo Paseo do Río Rato.

En canto á programación, o 3 de xuño pola mañá, terá lugar O extraordinario inventario da natureza, contacontos que se celebrará no Salón de Actos da Deputación. No C.I. Terras do Miño terá lugar a proxección do documental e o coloquio En todas as mans. Pola tarde se celebrará o coloquio Novas formas de consumo enerxético.  

O día seguinte, 4 de xuño celebrarase no Salón de Actos da Deputación o contacontos Merenda con pan de millo, mentras no centro de interprestación Terras do Miño hai programado un Paseo guiado e un observatorio de aves polo Río Rato.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com