Comezan as andainas da iniciativa municipal “Lugo Móvese cos Maiores”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, saudou esta mañá ás persoas participantes na primeira andaina organizada dentro da iniciativa “Lugo Móvese cos Maiores” que tiña como destino a Domus Mitreo. Durante o percorrido as e os asistentes estiveron acompañados pola edil Olga López Racamonde.

Un roteiro que se enmarca dentro da programación municipal de animación sociocultural artellada pola área de Benestar, Inclusión e Terceira Idade, coa que o executivo local pretende promover a realización de exercicio fisico, de forma grupal en espazos abertos da cidade, fomentando así entre a poboación maior de 65 anos unha maneira saudable de invertir o tempo de lecer.

A rexedora convidounos a seguir participando nas actividades organizadas polo Concello co fin de combater o sedentarismo e a soidade e sobre levar física e animicamente esta situación de pandemia.

Hoxe, celebrouse a primeira das catro camiñadas programadas – de hora e media de duración -, que terán lugar cada quince días até o 28 de maio. Serán sempre os venres e as persoas que acudan terán oportunidade tamén de coñecer, alén da Domus, o Mihl ou o Vello Cárcere.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com