" />

Concello e Deputación sortean entradas e pases VIP para a Volta Ciclista

Concello e Deputación sortean entradas e pases VIP para todos aqueles que queiran vivir de preto o paso da Volta Ciclista pola nosa provincia. Por unha banda, o ente provincial sorteará 30 pases de zona reservada para asistir o evento. En total serán 15 entradas para vivir o expectáculo en Viveiro e outras tantas para Monforte de Lemos.

O prazo para formalizar as solicitudes comeza hoxe venres ás 16:00 horas e rematará na noite do domingo. Os interesados en participar deberán cubrir o formulario que se atopa en www.deputacionlugo.gal.

Ademais, o Concello de Lugo sorteará seis entradas dobres para vivir a entrada da Volta Ciclista a pé de meta na cidade. Así o anunciou este venres a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, quen deu a coñecer que o sorteo se fará a través da páxina en Facebook de Cultura e Turismo de Lugo www.facebook.com/LugoTurismo, entre todas aquelas persoas que comenten a publicación do sorteo. Os participantes teñen que dicir os motivos polos que recomendan vir á cidade na Volta Ciclista.

Poderase participar ata o vindeiro luns ás 12:00 horas. O sorteo realizarase ao azar entre todas as persoas participantes e os gañadores deberán recoller as entradas o próximo martes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo