" />

A Consellería de Cultura inviste preto de 153.000 euros en obras de restauración da Capela da Soidade

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de adxudicar preto de 153.000 euros ás obras de restauración da Capela da Soidade ou da Venerable Orde Terceira, en Lugo, que solucionarán os problemas que causa o mal estado da cuberta, e ao mesmo tempo axudarán a recuperar as fiestras góticas da colindante igrexa de San Pedro.

Así o explicou na tarde de onte a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, quen engadiu que nas vindeiras semanas procederase a ultimar a tramitación administrativa, para que poidan comezar canto antes os traballos, que teñen un prazo máximo de execución de tres meses.

Arias lembrou que as actuacións irán dirixidas a substituír a cuberta cun novo deseño que permita solucionar os actuais problemas de conservación.

Ademais de corrixir o deterioro que está a sufrir este inmoble, o proxecto inclúe unha modificación mínima da cuberta, de xeito que sexa posible recuperar, cando menos parcialmente, a función orixinal das fiestras góticas da igrexa do antigo convento franciscano, hoxe igrexa parroquial de San Pedro, que están afectadas polo trazado da cuberta desta capela que se apoia nos muros do citado templo.

Raquel Arias:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo