O Consello Local de Servizos Sociais instará á creación dunha unidade social nos xulgados

O Consello Local de Servizos Sociais acordou hoxe instar á creación dunha unidade social dentro dos xulgados, unha unidade responsable a nivel xudicial de coordinación coas administracións e entidades que traballan no ámbito social; así como reforzar a unidade de saúde mental do SERGAS, para que aquelas persoas sen teito vexan reforzado o tratamento e seguimento das súas patoloxías.

Así o deu a coñecer ao remate da xuntanza deste consello, que se celebrou no Salón de Plenos, a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, quen avanzou que na reunión se valorou o traballo feito entre o Concello e distintas entidades, neste caso con Cáritas, Cruz Vermella e ALIAD, coas que tivo lugar unha mesa de traballo a semana pasada, “onde se materializou todo o traballo realizado ao longo do ano nos ámbitos nos que se traballa coordinadamente con elas dende sempre para mellorar a vida das persoas, tanto vítimas violencia de xénero, vítimas de trata como persoas inmigrantes ou sen teito”.

Nesta reunión, Abelleira puxo en coñecemento dos membros do Consello o traballo e as distintas actuacións levadas a cabo dende a súa área ao longo do pasado ano. Deste xeito, avanzou que dende os servizos sociais básicos que ofrece o Concello se atenderon a máis de 12.200 persoas. A maioría das persoas usuarias son mulleres, un 64,43%, preto de 7.900. Por idade, o 66,80% dos e das usuarias están no rango de idade de 30 a 64 anos, seguidas das de máis de 65 anos, un 19,41%.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo