Continúa a escalada do Covid19 na provincia sumando xa 1049 casos activos

O covid19 volve a non dar tregua á nosa provincia. Esta mañá amenciamos co rexistro do Sergas que informaba de 75 novos casos confirmados por PCR o que supón un total de 1.049 infeccións activas nestes momentos. Aínda que a maioría están illadas nas súas vivendas, o número de hospitalizacións aumentou dende onte ata chegar ás 43 persoas ingresadas, das que cinco continúan na UCI.

Nas últimas horas foron 46 as persoas que recibiron a alta médica na provincia, co que son xa 3.500 as que se curaron dende o inicio da pandemia. Nesta xornada, non se rexitraron falecementos.

Peses as altas cifras que estamos a rexistrar nas últimas semanas, o certo é que Lugo é a sexta provincia española con menor incidencia acumulada de casos a catorce días.  Un informe do Instituto de saúde Calos Terceiro a coloca nese posto tras rexistrar 208 casos confirmados por cada cen mil habitantes, nos últimos catorce días.

Con todo, non chega para que o Goberno Galego non impoña máis restriccións. Así, a Xunta decretou que dende este sábado ás 12 da noite calquera actividade non esencial permanecerá pechada ao público durante un mes enteiro nun total de 60 concellos galegos, dos que 4 son da provincia. Así a Capital xunto con Monforte de Lemos, Viveiro e Burela terán que pechar, entre outros negocios, a hostalería que só poderá ofrecer o servicio a domicilio.

Destas restriccións falou hoxe a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez que as tildou de “especialmente duras” e criticou que se pidan, dixo, “grandes sacrificios” a certos sectores económicos, “que non a todos”, e facendo incluso, argumentou, “agravios comparativos sen saber se é a solución que se debe tomar”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com