" />

Continúa en Lugo o descenso de casos covid nunha xornada na que soben os positivos detectados

O virus continúa a súa marcha atrás na provincia de Lugo. Se onte informabamos dunha importate baixada de casos na provincia, hoxe non é menos. E é que nas últimas horas os datos presentados polo SERGAS relativos ao avance da Covid amosan unha considerable melloría. Agás, eso sí, no número de positivos detectados que nas últimas horas subiu moi lixeiramente, algo habitual logo da fin de semana. 

O último informe do SERGAS con datos recabados ata as 6 da tarde de onte cifra en 188 os casos activos de covid na provincia, 11 menos que na xornada anterior pero 28 menos que os informados o domingo. Boas novas que haberá que ver se se manteñen no tempo logo de que a Xunta levantara as restricións relativas ás reunións con non conviventes. 

Outro baremo que amosa hoxe unha lixeira melloría é a presión asistencial, centrada únicamente na capital da provincia, no HULA, e que hoxe conta con 4 ingresados en unidades convencionais, os mesmos que onte pero unha persoa menos na UCI, que rexistra só un paciente covid. 

No tocante aos positivos detectados, hoxe non amosa tan bos datos, tendo en conta que na xornada de onte informábanse de tan só 4 positivos detectados durante o domingo. Hoxe, o informe do SERGAS cifra en 7 casos novos os detectados no día de onte. Malia que é un cambio habitual, dado que durante as fins de semana fanse moitas menos probas diagnósticas, o certo é que haberá que ver se esta suba se mantén no tempo ou trátase tan só unha xornada anecdótica. 

Doutra banda, nas últimas horas 14 persoas que foran diagnosticadas de covid19 recibiron a alta médica. E xa suman 12.636 as curadas dende o inicio da pandemia. Pola contra, Lugo suma 216 falecementos por mor do virus dende marzo do pasado ano. 

E noutro senso a Comisión de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade reunirase na tarde de hoxe para abordar unha proposta de actuación sobre a vacinación das persoas que se trasladen a outra comunidade temporalmente polas súas vacacións ademáis da relaxación do uso da máscara en certos espazos exteriores e baixo certas condicións. Do mesmo xeito a Consellería de Sanidade vén de afirmar que na reunión desta semana do Comité Clínico valorarán a posibilidade de unificar para todas as actividades que o permitan os mesmos límites que nas actividades que agora xa dispoñen dunha norma específica. É dicir, segundo confirmou o Conselleiro Julio García Comesaña, aquelas actividades que permitan a súa realización en límites de 15 persoas, como establecen para a hostalería poderán facelo; do mesmo xeito aquelas outras que permitan non establecer límites de xente, non os terán.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo