Continúa o aumento de casos de Covid-19 na provincia

A provincia de Lugo rexistra, segundo os últimos datos ofrecidos pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, un total de 190 casos activos de Covid-19. Mentres no resto da Comunidade o número de casos continúa en descenso,  o brote da Mariña (144 casos activos a día de hoxe) aumenta a incidencia do virus na nosa provincia.

No día de hoxe rexistráronse 24 positivos novos en Lugo, dos cales 23 están ubicados na comarca mariñá que continúa pechada ata mañá venres, previsiblemente. No tocante ao número de persoas ingresadas en centros hospitalarios os números non cambian con respecto ao día de onte. Así son un total de 6 as persoas que permanecen nos hospitais da provincia, 5 no Hospital da Mariña e 1 no HULA. O resto de contaxiados permanecen, como ata o de agora, nas súas vivendas recuperándose.

En toda Galicia hai activos, nestes intres, un total de 256 casos activos, e 7 persoas hospitalizadas, ningunha delas en UCI. Polo de agora, suman un total de 10.880 as persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 207.535.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com