A actual convocatoria de emprego fixo en Correos contará con postos en todo o territorio do Estado, con prazas ofertadas en todas as Comunidades autónomas e en todas as provincias. Concretamente, na Comunidade Autónoma de Galicia a convocatoria contará con 179 prazas, e a provincia de Lugo con 15, que a xuízo de CC.OO mellorarán as condicións do servizo postal prestado aos cidadáns e cidadás, tras os recortes de persoal dos últimos anos. CC.OO cre que se debe seguir na mesma liña de cumprimento de compromisos para, coas convocatorias pendentes acordadas para os próximos dous anos, 2020 e 2021, recuperar os 15.000 empregos perdidos durante a crise, o que motivou un dos maiores e máis longos conflitos sociais na empresa, e, así, seguir reducindo as altas porcentaxes de temporalidade e tempo parcial que aínda ten a compañía.
CC.OO considera, por tanto, que a presente e anteriores convocatorias, reflicte a capacidade do diálogo social e a negociación colectiva para alcanzar acordos cos anteriores e actual Goberno. Acordos que benefician aos traballadores/ as, ademais de contribuír, como fin último, a que os cidadáns/ as teñan un Servizo Público Postal de calidade, como esixen e merecen.
Xunto á demanda de continuar cos procesos de estabilización de emprego, CC.OO tamén esixirá ao novo Goberno que salga das urnas tras as eleccións do 10 de novembro a posta en marcha do Plan de Prestación do Servizo Postal Universal para garantir un financiamento suficiente do servizo público, así como un Plan Estratéxico que garanta a viabilidade de Correos, facendo compatible a calidade do emprego coa diversificación e internacionalización para mellorar os seus ingresos.
Set 30, 2019 - 03:58 PM
Pra o gonza…..