Corte de auga na Calzada das Gándaras o martes debido ás obras de mellora na rede

O Concello de Lugo, a través do servizo de augas, informa de que o vindeiro martes, 6 de outubro, acometeranse na Calzada das Gándaras, en concreto á altura da rúa Venancio Senra, obras de mellora na rede de abastecemento de auga da cidade.

As actuacións obrigarán a cortar o subministro de auga na marxe esquerda da Calzada das Gándaras, dende a rúa Serra de Meira ata a rúa Camiño de Herrero. Quedará con menos presión o servizo nas Gándaras, A Campiña e o barrio do Souto, coa posibilidade de non recibir auga nas zonas altas.

Os traballos prolongaranse dende ás 8.30 ás 14.00 horas, aproximadamente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com