" />

Cortes no ramal de saída da N-VI en dirección A Coruña con motivo das obras da pasarela peonil

As obras de construción da nova pasarela peonil sobre a Nacional VI continúan avanzando, con motivo de executar os remates da pintura no vano central da mesma, será necesario facer un corte de tráfico na N-VI o vindeiro mércores desde as 22:00h para restablecelo tan pronto como finalicen os traballos, previstos antes do amencer.

Os traballos levaranse a cabo entorno ás 22:00 horas, aproveitando o inicio das restricións nocturnas de mobilidade o que implica unha menor afluencia de vehículos. Sinalizarase debidamente e con antelación, ofrecendo un desvío alternativo polos ramais de saída, como se fixo noutras ocasións:

– En dirección A Coruña: desviarase polo ramal de acceso á gasolineira GALP e a Avda. Deportes. Pódense incorporar á  N-VI dando a volta á rotonda existente nesa saída.

– En dirección Madrid: desviarase polo ramal de acceso ao centro comercial e o tráfico pódese incorporar á  N-VI de novo bordeando a rotonda existente á beira do aparcamento do  Anxo Carro.

A empresa encargada de efectuar os traballos é Construcciones Taboada y Ramos, logo de ser seleccionada pola Mesa de Contratación, tras presentar a mellor oferta (971.250 €). Con esta estrutura créase un novo itinerario para peóns e bicicletas que favorecerá a continuidade do casco urbano de Lugo á zona do río Miño, pois na actualidade soamente existen accesos peonís mediante pasos inferiores, ademais de reducir a dependencia do uso do vehículo e mellorar a seguridade vial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo