Cs insta ao concello de Outeiro de Rei a que revise a situación dos pozos e fosas da localidade

Dende a agrupación de Cidadáns na localidade de Outeiro de Rei, solicitan ao rexedor que proceda á posta en marcha dun plan de traballo que a propia agrupación laranxa considera de “urxente”. Trátase da revisión de pozos e fosas que, en palabras do coordinador de Cs na localide, Juan Vidal, “debemos evitar que algunha traxedia ocorra”.

Asemade, Vidal lémbralle ao executivo que, na localidade, existe unha parcela situada ao lado das urbanizacións dos Alargos, O salte e Triacua, que no seu día, albergou unha fábrica de ladrillo, “para o que se construiron grandes e profrundas fosas para extraer arxila, fosas que hoxe todavía están abertas e visibles, e cheas de auga e lodo, con pozos ao seu carón”.

O coordinador de Cidadáns resalta ademáis que estas parcelas non teñen ningún tipo de peche, o que, considera “moi grave”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo