" />

Cs insta ao Goberno local a definir unha estratexia coherente para promover o turismo

A voceira municipal de Cs, Olga Louzao, instou esta mañá ao Goberno local a elaborar unha estratexia coherente para promover o turismo no municipio. “O gran potencial turístico da nosa cidade debe ser aproveitado. As políticas de promoción turística non se poden soster na improvisación e en accións inconexas que non responden a un obxectivo claro e definido. O goberno bipartito non pode esconder as súas carencias nesta materia no incremento que experimentou o número de visitas nos últimos anos. Debemos suscitar un modelo turístico que consolide a Lugo como un destino de referencia dentro de Galicia aproveitando esta inercia positiva”, sinalou a concelleira da formación laranxa.

Neste sentido, Louzao aposta por impulsar de forma real o Consello Municipal de Turismo como órgano consultivo onde estaría representado o sector co obxectivo de definir as estratexias municipais neste ámbito e escoitar aos profesionais que día a día están en contacto coa realidade da nosa cidade. Deste xeito, explica Cs, daríase protagonismo á sociedade civil a través da Universidade de Santiago, os hosteleiros, restauradores, empresas de servizos complementarios e asociacións vinculadas ao patrimonio e ao Camiño de Santiago. Entre as súas funcións están as de analizar estudos ou estatísticas e asesorar en cuestións vinculadas ao turismo co obxectivo de deseñar liñas de actuación que permitan fortalecer a posición de Lugo como destino turístico.

“A constitución deste órgano é unha proposta de Cs que foi referendada polo pleno en marzo de 2016. Con todo, case 4 anos despois, o goberno de Lara Méndez continúa incumprindo o seu compromiso nunha clara aposta pola improvisación como aceno de identidade deste goberno”, sinalou Louzao. De feito, detalla Olga Louzao, a alcaldesa incumpre “as súas propias promesas” e a lexislación do Consello Municipal de Turismo elaborado polo Goberno municipal, que foi publicado no Boletín Oficial da Provincia o 21 de decembro de 2016 e no que se fixaba unha periodicidade semestral para as reunións deste órgano, quedando establecidas nos meses de abril e de outubro como datas de referencia.

Louzao considera que a representación do Concello de Lugo na última feira de Fitur non estivo á altura do que necesita o sector na nosa cidade. “O labor desta comitiva non respondía a uns obxectivos claros e definidos abalados polo sector. Limitouse a sacarse a foto e a comparecer cunha promoción testimonial. Descoñecemos a conto ascenden os gastos desta viaxe, que xestións formais fixéronse, si é que se levou a cabo algunha. Ademais non entendemos porque o asociacionismo non esta representado e as poucas invitacións que se realizaron repartíronse de forma discrecional. Todas estas demandas serán plantexadas formalmente ao Goberno bipartito”, concluíu.

Novas relacionadas

  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Feb 11, 2020 - 03:04 PM

    Olga, a proposta non é boa e boisima. Pero hata a fecha nunca nada ou pouco se fixo. Aver si a túa proposta sae para adiante polo ben de Lugo. Co que temos para amosar lle o mundo………

    Reply
  2. Luis Díaz
    Luis Díaz
    Feb 11, 2020 - 01:45 PM

    Pero a esta xente aparte da ocupación que teñen pa ver cómo voltar a sua casa política da que fuxiron , ainda lles queda tempo pa decirlles os demais qué facer ?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo