Cs Lugo rexistra unha moción para facilitar o dereito a voto dos europeos

O Grupo Municipal de Cidadáns (GMCs) rexistrou unha moción para facilitar o dereito ao voto que teñen os cidadáns europeos residentes en países membros. Un total de 1.777.989 de europeos estranxeiros viven en España, persoas que constitúen a base da identidade europea e cuxos dereitos inclúen o sufraxio activo e pasivo nas eleccións ao Parlamento Europeo e nos comicios municipais do Estado no que residen.

Por iso, o GMCs pretende simplificar o acceso á información do sistema de voto aos cidadáns da Unión para que se identifiquen en maior medida coa UE, desenvolvendo así maior opinión pública e conciencia política. En concreto na cidade de Lugo hai un total de 13.338 persoas estranxeiras, das que 5.182 son europeos, sendo principalmente romaneses (2.447) e portugueses (1.585). A moción propón impulsar unha campaña informativa específica antes do 21 de decembro. Para iso exponse, así mesmo, que se garanta unha dotación orzamentaria extraordinaria onde se contemple o financiamento deste proxecto a través do correo ordinario, web, carteleira e medios de comunicación.

Do mesmo xeito, a iniciativa laranxa pretende crear un vínculo na Sede electrónica do Concello para integrar a información e a área de empadroamento de maneira clara, útil e en distintos idiomas, para cumprir así coas directrices da Oficina Central do Censo Electoral en relación ao voto dos cidadáns europeos. O Grupo Municipal de Cidadáns propón que tanto a campaña informativa como a Sede electrónica do Concello estean en castelán, inglés, romanés e portugués para garantir que os máis de 5.000 europeos que viven na provincia de Lugo poidan votar coas maiores facilidades posibles.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com