Deputación, Concello e Empresarias organizan a 1ª Festa de Nenos Emprendedores cun marcado carácter social

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, a Concelleira de Economía e Emprego do Concello de Lugo, Ana Prieto, e a Presidente da Asociación de Mulleres Empresarias, Beatriz Varela, acompañadas de membros dos colectivos Down Lugo e Raiolas, presentaron a I Festa de Nenos e Nenas Emprendedores.

Trátase dunha iniciativa na que participarán 60 nenos de entre 6-12 anos. Terá lugar o vindeiro venres, 5 de maio, dende ás 17:00 e ata as 21:00 horas. Haberá unha carpa onde os cativos Porán á venda diferentes produtos e pezas elaborados ou preparados por eles mesmos, por exemplo, doces ou pulseiras, cuxos fondos recadados serán destinados aos colectivos de Raiolas, Down Lugo, Protectora de animais e Parálise Cerebral.

Deputación, Concello de Lugo e Mulleres Empresarias promoven esta iniciativa para fomentar entre os máis novos valores como o espírito emprendedor, traballo en equipo, talento, creatividade ou a solidariedade.

Sonsoles López Izquierdo, convidou a todos os lucenses a participar neste encontro, e sinalou que “conta cun marcado carácter altruísta, social e de reinversión na sociedade en beneficio de todos”. Avanzou ademais que debido as previsións meteorolóxicas a Festa vaise trasladar aos pasillos do Pazo de San Marcos. A Deputada felicitou a todos os participantes, “xa que como se pode comprobar nestas 24 mini-empresas, cada día nos sorprenden coa súa creatividade”.

Anunciou tamén que para rematar a xornada haberá unha actuación de maxia que correrá a cargo do Mago Antón, será ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Deputación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com