Deputación e Breogán, xuntos para dedicar o partido ao Banco de Alimentos de Lugo

O encontro do Breogán deste mércores ás 20:45 horas terá fins benéficos. Así o acordaron a Deputación de Lugo e a entidade deportiva, como unha das primeiras accións sociais que se levarán a cabo dentro do contrato de patrocinio que o organismo provincial asinou co club celeste. En concreto, o partido de hoxe estará adicado a promover a labor do Banco de Alimentos de Lugo e, ao mesmo tempo, nas portas do Pazo dos Deportes Deportes haberá voluntarios e caixas para recoller produtos non perecedoiros como arroz, pasta ou aceite.

O Banco de Alimentos de Lugo atende a unhas 9.700 persoas sen recursos da provincia, preto de 1.800 familias lucenses, o que dá boa conta da importancia do seu traballo na sociedade. Para poder chegar a todas elas e que ningunha familia se quede sen comida, especialmente nestas datas tan sinaladas, agárdase unha importante colaboración por parte dos seareiros celestes con alimentos non perecedoiros

Calendario solidario

Cómpre lembrar que tamén estará á venda no encontro de hoxe e o do vindeiro venres o calendario solidario que elabora a Asociación Raiolas, para sufragar parte dos custes das terapias e actividades que leva a cabo con persoas con Trastorno do Espectro Autista. Para a súa confección, este ano Raiolas contou coa colaboración de diferentes clubs e deportistas lucenses.

Axudas provinciais para o Banco de Alimentos e Raiolas

O Goberno da Deputación colabora estreitamente co Banco de Alimentos e a Asociación Raiolas para garantir o seu labor social. En concreto, o organismo provincial concedeu unha axuda de 6.000 euros ao Banco de Alimentos para sufragar os gastos de aluguer do seu almacén. Por outra banda, o Executivo Provincial acordou realizar unha achega de 90.000 euros á Asociación Raiolas para transformar a antiga gardería do Campus de Lugo no 1º centro de día da provincia para persoas con autismo. Esta axuda, que deberá ser ratificada polo Pleno, únese a subvención nominativa de 21.000 euros que recibe esta asociación para atención ambulatoria.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com