O Concello de Lugo presenta o ‘Ciclo de Cine Clásico’ os luns no auditorio Gustavo Freire

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre e Xoan Curiel, representante do grupo Fotocinematográfico Fonmiñá que colaboraron na selección das películas, presentaron o primeiro Ciclo de Cine Clásico que terá lugar no Auditorio Gustavo Freire.

Así comeza este luns 2 de febreiro coa proxección da película El gran dictador, dirixida e protagonizada por Charles Chaplin. O luns 9 é o turno de Casablanca dirixida por Michael Curtiz e protagonizada por Humphrey Bogart e Ingrid Bergman. A seguinte cita será o luns 23 de febreiro coa proxección de El Graduado, dirixido por Mike Nichols e protagonizado por Dustin Hoffman e Anne Brancroft.

No mes de marzo haberá cine clásico os luns 9 coa proxección do filme protagonizado por Gregory Peck e Audrey Hepburn, Vacaciones en Roma. Unha comedia romántica contextualizada en Roma e que dirixiu William Wyler.

Marilyn Monroe, Tony Curtis e Jack Lemmon son os protagonistas da comedia Con faldas y a lo loco que se proxectará o luns 16 de marzo. A trama está protagonizada por Joe e Jerry, dous músicos do montón que se ven obrigados a fuxir despois de seren testemuñas dun axuste de contas entre dúas bandas rivais. Como non atopan traballo e están perseguidos pola mafia e para pasar desapercibidos deciden vestir de muller e tocar nunha orquesta feminina liderada por Marilyn Monroe.

A última proxección é o luns 23 de marzo coa película dirixida por Frank Cappa e na que participan James Stewart, Donna Reed e Lionel Barrymore nunha trepidante película titulada, Que bello es vivir.
Escoitamos a Carmen Basadre:

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com