Deputación e Maderistas limparán de árbores 1.000 quilómetros de estradas

O Vicepresidente da Deputación e titular da área de Xestión Territorial, Árgelio Fernández Queipo, e o Presidente da  asociación de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira de Lugo, Daniel Díaz Ramos, informaron que ambas as dúas institucións limparán de árbores nun total de 1.000 quilómetros de estradas en 14 Concellos da provincia de Lugo. A previsión é rematar estes traballos é rematalos en 7 días, previsiblemente nesta mesma semana. Contan cun orzamento de 400.000 euros que previsiblemente non será preciso empregar na súa totalidade.

Fernández Queipo puxo en valor “a inmediata resposta e disposición da Asociación de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira de Lugo, e ao seu Presidente, que nun momento de emerxencia e excepcionalidade responderon de xeito áxil e dilixente. Son máis de 105 traballadores que integrados nun total de 24 equipos, os que xa están a retirar árbores de estradas neste territorio aos que recorremos, a proposta dos propios madeiristas, debido á imposibilidade de asumir con medios propios estes traballos”.

O Presidente dos Madeiristas destacou que “dende esta Asociación, así como as empresas que a integran, só concibimos este xeito de responder ante unha situación de emerxencia na que se precisa da nosa colaboración; que neste caso veu da man da Deputación de Lugo. Por iso, a resposta foi simple e puxémonos á súa disposición para solucionar, canto antes, esta situación. Así, chamamos a todas as empresas do sector da que recibimos resposta e que se incorporar de xeito inmediato ás ordes da Deputación”.

Ademais, Díaz Ramos apuntou que “ogallá que non ser produzan máis situacións imprevistas e extremas, pero de suceder, o sector forestal queda a súa enteira disposición para aqueles que precisen da nosa axuda”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Pedro
    Nov 06, 2018 - 07:50 AM

    Igual habías que sair menos na prensa e atender algo mais os problemas do seu pobo, señor Argelio. Hai un neno que Vai o instituto mal aseado e con fame. Pero claro, vostede non se entera de nada.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo