Descenso significativo no número de casos activos de Covid19

A segunda vaga de Coronavirus na provincia de Lugo parece que vai amainando. Aínda que coa boca pequena, xa podemos falar de descensos significativos. En total o número de casos activos contabilizados polo Sergas ata as 6 da tarde de onte, sumaban 951 persoas infectadas, moi por debaixo das 1.060 que notificaban o venres. 

Baixa tamén o número de positivos detectados por PCR. Tan só 24 no día de onte. Certo é que non pode facer regla pois as fins de semana fanse menos probas diagnósticas pero si que se consolida (contando as xornadas anteriores) un lixeiro descenso no número de positivos que se foron detectando, con 31 casos novos na xornada anterior e 61 o sábado.

Con descenso e todo a presión hospitalaria aumenta levemente en cinco persoas e chega ata os 40 ingresados con Covid en todos os centros da provincia. Eso si, as cifras da UCI tamén se manteñen baixas con ocupación de 4 camas na unidade de críticos do HULA, o que supón 2 persoas menos que o pasado venres. 

Estas cifras tan positivas só poden significar un gran aumento no número de persoas curadas que se achegan ás 5.200. Doutra banda, o número de falecidos por mor desta enfermidade sobe ata as 122 persoas, despois de que se notificara no HULA a morte dunha muller de 91 anos que proviña da Residencia da terceira idade de Vilalba.

En canto á incidencia a 14 días, nótase un importante descenso en moitos dos Concellos da provincia, como pode ser o caso de Viveiro ou Burela, que durante numerosas xornadas mantuveros niveles moi altos de contaxios. A capital lucense, que en cifras absolutas é a que máis casos novos rexistrou nas últimas dúas semanas, mantense nos niveles máis altos cunha incidencia de máis de 250 contaxios por cada cen mil habitantes. En total, son 254 as persoas que deron positivo en coronavirus nos últimos 14 días na cidade de Lugo.

Moi por riba da capital, os dous concellos que máis acusan os contaxios son Vilalba e Guntín, que superan con creces a incidencia acumulada da capital. Así, Vilalba, con 197 casos detectados nos últimos 14 días, conta cunha incidencia de 1400 por cada cen mil habitantes; mentres que Guntín suma 30 casos novos detectados nas últimas dúas semanas; que podería parecer pouco, pero supón unha inicidencia acumulada de 1.115 casos por cada cen mil habitantes.

En total, son 19 os concellos que contan cunha incidencia acumulada de máis de 250 casos por cada 100 mil habitantes; mentres que outros 18 municipios non rexistraron ningún caso nas últimas dúas semanas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com