Detido un home por agredir á súa filla de 22 anos por ter inxerido bebidas alcólicas

A Policía Local de Lugo detén a un home por un presunto delito de violencia no ámbito familiar tras agredir á súa filla de 22 anos.

Os feitos tiveron lugar en torno ás 21,00 horas do día de onte, cando unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un inmoble da rúa Caiñós, onde ao parecer unha moza fora agredida polo seu pai.

Os axentes atopan sentada na rúa a unha moza de 22 anos chorando, que lles manifesta que ao chegar a casa, onde vive cos seus pais, tras inxerir bebidas alcohólicas, o seu pai recriminouna este feito e propinoulle varias patadas e golpes na cara, solicitando os policías unha ambulancia do 061 para a debida atención á vítima.

Ante esta situación os axentes soben ao domicilio localizando ao presunto agresor procedendo á súa detención por un delito de violencia no ámbito familiar, sendo trasladado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado correspondente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com