Dúas persoas resultan intoxicadas por un quentador en Sarria

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas a un centro médico na pasada tarde ao presentar síntomas por unha posible intoxicación de monóxido de carbono procedente da defectuosa combustión dun quentador en Sarria.

Os feitos sucederon á altura do número 158 da rúa de Calvo Sotelo, ao fío das 20:00 horas. Nese momento, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertaba ao 112 do escape gas. Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros de Sarria, da Policía Local e da empresa subministradora do gas.

Unha vez na vivenda, os servizos de emerxencia levaron a cabo as comprobacións correspondentes, que confirmaron a presenza de monóxido de carbono. A partir de aí procederon a ventilar a casa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo