Elena Canda afirma que as conversas co ex-xefe de gabinete da Deputación de Pontevedra versaban sobre temas “de interese xeral”

Hoxe saían a luz diversas conversas a traveso do servizo de mensaxería da aplicación Whatsapp, entre a actual presidenta de Deputación de Lugo, Elena Candia, cando exercía de voceira do PP no ente provincial, e o xefe de gabinete do que foi presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, presuntamente cabeza pensante dunha trama de irregularidades e tratos de favor no ente provincial pontevedrés, dentro da chamada Operación Pato.

Elena Candia asegurou esta tarde nun comunicado aos medios ao fio destas mensaxes, que os temas versaron arredor de «temas de interese xeral sen nomes e apelidos detrás». Candia puxo de manifesto que «calquera das tres conversacións que teño co xefe de gabinete de Louzán ten estritamente relación con temas de interese xeral».

Segundo apunta no comunicado, unha das conversas tiña que ver co Museo Provincial de Lugo. «Por aquel entón había incerteza sobre o destino das pezas que se levou a familia de Álvaro Gil, e a persoa que non se identificaba era o xefe do museo, que en todo momento nos confirmou que non chegaran alí as pezas e que non había interese de comprar a colección”.

A outra conversación estaba relacionada “coa procura dun técnico en auguas mineromedicinais que puidera asesorar a unha asociación de Mondoñedo”, apuntou Candia. “O meu contacto co daquela do Gabinete da Deputación de Pontevedra centrouse en localizar a dito técnico, que tras tratalo coa asociación, desprazóuse a Mondoñedo e elaborou dito informe”.

O terceiro dos contactos tivo que ver coa xestión de residuos e a súa implantación a nivel provincial. Estábase estudando a posibilidade de promover novos proxectos de xestión de residuos polo que se considerou a utilidade de coñecer a que tiña en marcha a Deputación de Pontevedra, aínda que posteriormente e segundo a información da que se dispón non se consolidou”, puntualizou.

Candia asegura asemade que non ten constancia de que a súa persoa este sendo investigada “máis alá da referencia do seu nome publicado nun medio de comunicación”. Do mesmo xeito, amosouse disposta a aclarar calquera custión en relación con este tema, e remarcou a súa total colaboración coa Xustiza.

Mañá debatirase na Deputación de Lugo a moción de censura imposta á Candia polo Psoe e máis o BNG, na que se non hai sospresas, sairá elexido o socialista Darío Campos como actual presidente do ente provincial, sempre e cando o ex-voceiro dos socialistas, Manuel Martínez, cumpra a súa palabra e vote segundo as directrices do seu partido e dos nacionalistas, ao alcalde de A Pontenova.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com