" />

Entregados de 12 novos vehículos á Garda Civil de Lugo

O Delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, e o xeneral da XV Zona da Garda Civil, Anxo Alonso Miranda, presentaron, esta mañá, 12 novos vehículos que se destinarán ao servizo de seguridade cidadá. Ao acto tamén asistiron o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo e o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Lugo, Miguel Ángel González.

Os novos coches, once da marca Nissan (modelo X-Trail, con motor 1.6) e un Citroen Grand C-4, serán repartidos entre os once postos da Garda Civil na provincia atendendo ás necesidades das mesmas. Polas súas características, son vehículos de alta mobilidade para a demarcación rural á que van destinados e con motorizacións diesel.

Adapatados ás necesidades dos policiais

Os vehículos están equipados cos accesorios e extras que responden as necesidades do servizo policial. Ademais, os vehículos dispoñen de: Sistema de Comunicación SIRDEE (Sistema de radiocomunicacións Dixitais de Emerxencia do Estado), localización GPS, megafonía, sirena, ponte de sinalización prioritaria (conxunto de luces oficiais dispostas no teito do vehículo); defensas policiais e porta-defensas, lanternas (con instalación dos pertinentes cargadores) e a pintura bicolor que caracteriza aos coches da Garda Civil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo