Equo, Psoe, Podemos , Bng, Esquerda Unida e Cidadáns derrogarán o decreto do autoconsumo de enerxía solar

Estes partidos xunto a CC.OO, UGT, a Ocu e decenas de asociación asinaron un manifesto para derrogar o decreto do goberno sobre enerxías renovables de autoconsumo, se o  Ministerio de Industria Enerxía e Turismo aproba nos termos actuais o decreto que está a tramitar. Todos estes colectivos asinantes do manifesto están contra o decreto, por discriminatorio.

O imposto ao sol, como se coñece popularmente este decreto, restrinxe a posibilidade de que calquera persoa poda instalar na súa casa ou na súa empresa acumuladores de enerxía solar para autoconsumo. Isto, ademais de ir en contra da normativa europea, carga contra os xeradores de enerxías renovables, polo que se perden todos os beneficios en eficiencia e aforro enerxético, ao tempo que limita os beneficios que xeran ao medio ambiente estas enerxías.

Para Juantxo López de Uralde, máximo representante de Equo, “Non ten sentido que nos días de maior insolación aumente o consumo de carbón para producir electricidade; mentres se poñen trabas ao autoconsumo de enerxías limpas e respectuosas co medio ambiente”.

Estes son os partidos e asociacións que asinaron o manifesto:

Partidos e  formacións políticas: Amaiur, BNG, CHA Ciudadanos, Coalición Canaria, Compromís, EQUO, ERC, Geroa Bai, ICV, IU, Podemos, Nueva Canaria, PNV, PSOE, UPyD.
Asociacións de Consumidores: ADICAE, Asociación General de Consumidores, ASGECO CONFEDERACIÓN, FACUA, OCU, UNAE Unión Cívica Provincial de Consumidores e Usuarios de Palencia
Asociacións ecoloxistas: Amigos de la Tierra, Asociación Amigos de Anaga, Medioambiental e Cultural, Asociación Ecologista Centaurea, ASOCIACIÓN POR EL MEDIO AMBIENTE Y CONTRA EL CAMBIO CLIMATICO, Ecologistas en Acción, Greenpeace, La Ribera en Bici, Salvia Team, SEO/BirdLife, SUSTENTA, WWF España
Asociacións empresariais: ACER, ADEMUR, ANPIER, AIFOC, APPA Fotovoltaica, ASEFOSAM, FENIE, UNEF
Asociacións Sindicais: CCOO, UGT
Movimientos sociales: Asociación Sostenibilidad y Arquitectura, Attac, ConBici, Emigrados sin Fronteras, Fundación de Familias Monoparentales ISADORA DUNCAN, Fundación Renovables, Plataforma por un Nuevo Modelo Energético

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com