" />

O Estado asume declarar Galicia zona afectada por emerxencia

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, e o Presidente da Deputación da Coruña, Valentín Formoso, amosaron hoxe a súa satisfacción trala reunión para a avaliación das gravísimas consecuencias provocadas pola vaga de lumes, convocada pola Delegación do Goberno, tras a confirmación de que o Estado declarará a Galicia zona afectada gravemente por unha emerxencia de
protección civil, tal e como solicitaron onte as tres deputacións e os concellos afectados.

A presidenta pontevedresa, Carmela Silva, que exerceu de portavoz, sinalou que “aínda que estamos moi satisfeitos porque atenderon as nosas demandas, esiximos que sexa no Consello de Ministros do próximo venres cando se faga esta declaración, xa que levamos nove días con gravísimos danos e os concellos afectados non poden esperar máis para que cheguen as axudas”.

A presidenta lembrou que “a aplicación desta lei é algo habitual e non é a primeira vez”. Deste xeito, referiuse ao mes de decembro de 2016, cando “só seis días despois das chuvias torrenciais en diversas provincias andaluzas e na Comunidade de Valencia, o Consello de Ministros fixo esta declaración”.

Por iso, as tres deputacións reclamaron “a inmediatez da súa aplicación en Galicia, sen ter que agardar a ter todos os datos de afeccións, exactamente igual ao que ocorreu cando se tomou esa decisión en Valencia e Andalucía”. Do mesmo xeito, Carmela Silva, Valentín Formoso e Darío Campos instaron a que “se contemplen todo tipo de axudas como ocorreu nese caso, onde todos os ministerios aportaron recursos, xa que deste xeito estaría cuberto un montante moi importante das consecuencias que sufriron os veciños e concellos en todas as provincias onde se produciron os lumes”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo