EU Lugo celebra a asamblea comarcal preparatoria da Asamblea Nacional na que se renovará a dirección do partido

A agrupación de Esquerda Unida Lugo celebra esta tarde na súa sede a asemblea comarcal preparatoria da XII Asemblea Nacional de Esquerda Unida, que terá lugar o vindeiro 3 de xuño en Santiago de Compostela, co obxectivo de renovar a dirección, os documentos políticos e estatutos da organización, baixo o lema A forza das ideas. Na sesión de hoxe debateránse os documentos Unha EU para a unidade popular, propostos pola única candidatura á nova coordinación nacional, a encabezada pola deputada autonómica e vicepresidenta segunda do Parlamento de Galicia, Eva Solla, recollendo as emendas e resolucións propostas pola militancia, ademáis de que se escollerán ás delegadas e delegados que representarán á comarca de Lugo na Asemblea Nacional, formada por 250 militantes e 50 simpatizantes.

“Estamos inmersas nun proceso aberto, no que prima a participación das bases. Queremos uns documentos de elaboración colectiva, que recollan fielmente as verdadeiras inquedanzas da maioría social traballadora á que representamos e que aporten solucións ao difícil momento que está a atravesar”, salientou Isabel Sánchez, coordinadora comarcal de EU Lugo. “As aportacións de todas e todos son imprescindibles para fortalecer unha organización que se atopa na complexa misión de tecer unha verdadeira unidade popular frente aos poderes fácticos do capital, que vaia máis aló do electoral. Nesa confluencia de forzas temos o deber de recuperar o protagonismo da mobilización social e da clase traballadora, cuxos dereitos son o principal obxectivo da Galicia que queremos construir.”

Esquerda Unida é unha organización madura e consolidada, con 31 anos de historia, que afronta o futuro con optimismo, pois está a vivir un importante crecemento da súa afiliación. “É o momento de dar impulso a ese crecemento para convertirnos no verdadeito movemento político e social da esquerda transformadora galega que queremos ser”, rematou Sánchez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com