Expomar acollerá 200 stands con máis de 300 firmas do sector

A XVII edición da Feira Expomar que terá lugar en Burela entre os días 25 ao 28 deste mes, acollerá máis de 300 firmas do sector nos case 200 stands do recinto feiral. O alcalde e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, subliña a elevada demanda dos profesionais para estar presentes nesta feira náutico pesqueira, que foi presentada este mediodía no barco museo Reina del Carmen.

O rexedor salientou que “vimos de facer esta presentación en Burela no barco- museo Reina do Carmen que se dedicou moito tempo ao bonito e polo tanto nada mellor que facelo aí”. O alcalde burelés destacou que “está todo o recinto da feira ocupado, non soamente dentro senón que ademais vanse facer actos fora derivado da demanda que hai este ano de formar parte da feira exposición náutico pesqueira aquí en Burela. Consideramos que é moi bo que ocorra isto, que haxa demanda e que o propio sector estea preparándose e innovando constantemente porque iso quere dicir que vai ben. Hai que actuar con optimismo porque posiblemente esta feira sexa un indicativo de que o sector empeza a dar pasos bos e sempre en positivo”.

Alfredo Llano detallou que “a apertura vai ser o xoves da vindeira semana, o día 25, á unha e media da tarde. Na inauguración estará a conselleira do Mar, Rosa Quintana. O peche desta edición farémolo o domingo 28 á unha do mediodía e correrá a cargo do presidente da Deputación, Darío Campos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com