Falece un home tras caer dunha árbore en Begonte

Un home perdeu a vida esta tarde despois de caer do árbore que estaba podando.

Foi un particular quen ás 14 horas de hoxe chamou ao 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente para unha persoa que sufrira unha caída dunha árbore no Barrio de Altide, en Begonte. Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia deu aviso aos servizos sanitarios de urxencia, que enviaron ao punto un equipo a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense. Con todo, nada puideron facer por salvar a vida do home.

Caída na Fonsagrada
O helicóptero medicalizado tamén se desprazou ao concello da Fonsagrada por mor doutra persoa que caeu cando traballaba nunha finca privada. Ocorreu pasada a unha da tarde na entrada da vila.

Do mesmo xeito, acudiron os axentes da Garda Civil para apoiar aos profesionais sanitarios nas tarefas de atención ao ferido.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo