" />

Falece un operario despois de caerlle enriba unha árbore na Pontenova

Un operario morreu esta maña cando era trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), despois de caerlle unha árbore enriba cando realizaba traballos nunha finca situada en Recesende, no concello lucense da Pontenova.

Debido á gravidade das lesións ocasionadas, persoal sanitario comunicaba ao 112 Galicia que cara o lugar, se desprazaba o helicóptero medicalizado con base en Santiago, para a evacuación do ferido.

Nada mais ter constancia do accidente, sobre as 10:15 hora, os xestores do 112 solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil e a dos membros do GES e de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar dos feitos persoal sanitario trasladou o ferido ao Hospital Universitario Lucus Augusti, pero o home faleceu antes de chegar ao hospital.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo