Feijóo destaca que a Xunta está a traballar para declarar BIC o Colexio da Nosa Señora da Antiga de Monforte

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que a Xunta de Galicia vén de incoar o expediente para declarar ben de interese cultural (BIC) o Colexio de Nosa Señora da Antiga de Monforte de Lemos coa categoría de monumento.

Fíxoo durante o acto conmemorativo con motivo do IV Centenario da Consagración da Igrexa deste colexio –que tivo lugar o 4 de agosto de 1619-, no que salientou que o Goberno galego “quere que esa rica historia ocupe o lugar que merece”.

Así, Feijóo explicou que se trata dun procedemento iniciado en 2016, cando a Fundación Colexio Nosa Señora da Antiga presentou unha solicitude para a declaración de BIC.

O presidente da Xunta salientou que a partir da incoación do expediente, o Colexio da Nosa Señora da Antiga pasa “de forma inmediata e provisional” a aplicárselle o réxime de protección que establece a Lei do Patrimonio cultural de Galicia para os BIC e para os monumentos en particular.

“Queremos que este Colexio do Cardeal siga tendo un papel fundamental tanto nesta vila coma no patrimonio de todos os galegos”, afirmou, ao tempo que valorou a excepcional fachada, igrexa e retablos do Colexio, que “transcenden xeracións e tempos” e “conservan intacta a súa capacidade de emocionar as obras dun museo que garda as miradas de El Greco, Andrea del Santo ou Francisco Pacheco”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com